As presentes condición son de aplicación a todo alugueiro de maquinaria que se leve a cabo por E-Monte Solucións Forestais S.R.L., en diante eMonte, e teñen carácter adicional a calquera acordo específico que se subscriba entre eMonte e o Arrendatario da maquinaria, que prevalecerá sobre estas Condicións Xerais e Aviso Legal en caso de discrepancia entre as partes.
1.- Definicións
eMonte: E-Monte Solucións Forestais S.R.L., con domicilio social na Rúa de San Pedro nº 50 1º, 15703, Santiago de Compostela (A Coruña), con Número de Identificación Fiscal B-70454624 e inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, no tomo 254, folio 103, inscrición 1, folla SC-47792, con teléfono 609 46 96 14 e email info@emonte.es
Arrendatario/a: a persoa destinataria e usuaria da Máquina identificada no Contrato.
Máquina: a máquina/s que se identifiquen no Contrato así como os seus accesorios.
2.- Obxecto do contrato
O Contrato ten por obxecto o arrendamento sen operador da Máquina
3.- Propiedade da Máquina
3.1 A Máquina obxecto do Contrato é propiedade de eMonte. Baixo ningún precepto poderá o Arrendatario ceder, vender, dar en prenda ou garantía, prestar, subarrendar a totalidade ou parte da Maquinaria.
3.2 O Arrendatario non pode ceder nin traspasar a un terceiro, o uso e disfrute da Máquina sen autorización expresa por parte de eMonte.
3.3 eMonte resérvase o dereito de aceptación de un particular e/ou empresa para alugar a maquinaria.
4.- Do Arrendatario
4.1 No momento da firma do Contrato, o Arrendatario deberá presentar un documento que o identifique (DNI ou CIF)
No caso de que o Arrendatario fose unha persoa xurídica ou calquera outra entidade das enumeradas no artigo 33 da LGT, a persoa que asine o Contrato deberá acreditar a súa identidade e a capacidade e representación coa que actúa, ou ben autorización expresa para a celebración do Contrato.
4.2 O Arrendatario non pode ceder, total ou parcialmente, o Contrato nin ningunha das súas obrigas ou dereitos, a un terceiro sen o consentimento por escrito de eMonte.
4.3. O Arrendatario debe traer un xustificante onde figure o número de conta corrente e titular.
4.4 Cada Maquinaria ten o seu valor polo que se solicita unha fianza para evitar malos usos.
4.5 O Arrendatario debe firmar a nosa ficha de cliente, a través do cal autoriza a eMonte a facer un xiro a súa C/C pola normativa SEPA. Este cargo, só terá lugar no caso de que se produzan desperfectos ou danos na maquinaria que sexan imputables ao Arrendatario.
5.- Duración do contrato
5.1 O inicio do Contrato é o día no que se efectúa a entrega da Máquina, e finaliza coa devolución e entrega de este nas dependencias de eMonte sitas en Arzúa, ou coa súa posta a disposición no lugar acordado.
5.2 O Arrendatario informará por escrito a eMonte da anulación dunha reserva de Maquinaria cunha antelación mínima de 24 horas antes da data convida para a posta a disposición, e de 72 horas no caso de que se acordase que a entrega/recollida fose realizada nun punto diferente. En caso contrario, o Arrendatario deberá pagar unha indemnización correspondente a un día de alugueiro.
5.3 A duración do Contrato fixarase nas condicións particulares. Calquera modificación da duración deberá ser obxecto dun novo acordo escrito entre as partes, podendo eMonte aceptar ou non as solicitudes de prórroga en función da dispoñibilidade da Maquinaria.
5.4 As labores de inspección e mantemento da Máquina entenderanse como período de utilización polo Arrendatario.
6.- Prezo
6.1 O prezo fixarase para cada Contrato nas condicións particulares pola unidade que alí se especifique (por días ou por mesos), sendo debido calquera período diario indicado.
O prezo establecido no Contrato inclúe o Imposto sobre o Valor Engadido (IVE), pero non calquera outro imposto aplicable, que será en todo caso de conta do Arrendatario.
6.2 O prezo fíxase por un máximo de oito (8) horas de traballo diarias. As horas que superen as 8 horas diarias facturaranse proporcionalmente. En caso de ter previsto superar as horas de traballo, deberase comunicar a eMonte, para controlar o mantemento e conservación da Máquina.
6.3 Os gastos e suplidos non incluídos no prezo facturaranse de forma separada:
a) O transporte da Máquina cos medios ou por conta de eMonte, facturaranse polo fixado Contrato.
b) Desperfectos ou danos á Maquinara que sexan imputables ao Arrendatario.
c) Gastos de pinchazos, sustitución de neumáticos por causas imputables ao Arrendatario, material funxible, etc.
d) Carburante. O Arrendatario obrígase a devolver a Maquinaria co depósito ao compelto. En caso contrario aplicarase unha penalización de 150 Euros.
e) Sanción que puideran producirse para eMonte por un uso indebido da Máquina e/ou por incumprimento da normativa aplicable.
f) Calquera outro gasto que se ocasione durante a vixencia do Contrato, que non se contemple na presente cláusula e non deba ser asumido por eMonte.
7.- Facturación e forma de pago
7.1 A facturación do prezo realizarase coa periodicidade fixada nas condicións particulares do Contrato.
Por defecto, a facturación realizarase por anticipado no momento da recollida do tractor, salvo pacto expreso en contrario entre as partes.
7.2 Os cargos adicionais ao prezo poderán ser facturados tan pronto se produzan e, en todo caso, á finalización do Contrato.
7.3 O pago do prezo será na forma fixada nas condicións particulares do Contrato.
7.4 Potencia solicitará á contratación da Maquinaria unha fianza.
A fianza non xerará xuros para o Arrendatario, e devolverase por eMonte ao remate do Contrato unha vez constatado o cumprimento íntegro das obrigas da Arrendataria.
7.5 A falta de pago de calquera cantidade por parte do Arrendatario dará dereito a eMonte a resolver o contrato e, en todo caso, implicará o nacemento dun xuro de demora equivalente ao interés legal do diñeiro incrementado en 3 puntos sobre a contía debida. Se prexuízo do anterior, calquera outro gastos que poda derivase da reclamación xudicial ou extraxudicial das cantidades pendentes será tamén por conta do Arrendatario.
8. Obrigas de eMonte
8.1 eMonte está obrigada a entregar a Máquina en bo estado de funcionamento. En defecto de listado contraditorio, considérase que a Máquina se entrega en perfecto estado de funcionamento.
8.2 eMonte está obrigada a dispoñer de canta documentación sexa inherente á Máquina. eMonte, porá a disposición do Arrendatario, en papel ou en formato dixital, a documentación necesaria para a correcta utilización e mantemento da Máquina. En caso da perda de dita documentación, o seu coste de substitución será de cargo do Arrendatario.
8.3 eMonte está obrigada á reparación da Máquina nos termos establecidos na cláusula 11.
8.4 eMonte está obrigada a dispoñer das coberturas que legalmente sexan obrigatorias para a prestación da súa actividade en relación coa Máquina e co seu persoal.
8.5 Cando a Máquina se trate dun vehículo a motor sometido ao seguro obrigatorio, eMonte concertará a póliza de seguro correspondente. eMonte, a petición do Arrendatario, entregará ao mesmo fotocopia do certificado do seguro.
9. Obrigas do arrendatario
9.1 O Arrendatario deberá empregara a Máquina coa dilixencia e coidados debidos conforme ao uso ao que está destinada e de acordo coas especificacións técnicas do fabricante.
Calquera utilización da Máquina diferente deberá ser previamente informada a eMonte e será consignada no Contrato.
O Arrendatario será responsable de calquera utilización da Máquina non conforme á declaración previa que realizase ou ao seu destino normal.
9.2 O Arrendatario será responsable de cantos feitos se deriven da utilización da Máquina que non sexan imputables ao incumprimento por eMonte das súas obrigas.
O Arrendatario deberá informar a eMonte inmediatamente sobre calquera incidencia, avaría ou eventualidade que afecte á Máquina.
9.3 o Arrendatario ten o deber de garda e custodia da Máquina, sendo o posuidor o responsable dos danos e prexuízos ocasionados por e a esta.
9.4 O Arrendatario é responsable de todos os danos que se causen á Máquina.
9.5 O Arrendatario é responsable da revisión diaria e da conservación da Máquina nos termos que se indican na cláusula 11.
9.6 O Arrendatario é responsable das avarías ocasionadas á Máquina nos termos previstos na cláusula 11.
9.7 Salvo que sexa un servizo contratado expresamente a eMonte conforme á cláusula 10, o Arrendatario é responsable do transporte da Máquina dende as dependencias de eMonte sitas en Arzúa e, á súa devolución, dende o lugar no que se atope a Máquina.
9.8 O Arrendatario é responsable da obtención e mantemento das autorizacións necesarias, permisos e proxectos que se requiran para a carga, descarga e utilización da Máquina.
9.9 O Arrendatario está obrigado a coñecer e valorar as características do lugar e entorno onde se empregará a Máquina, adoptando ao respecto cantas medidas sexan necesarias para o cumprimento das súas obrigas en materia medioambiental, de Riscos Laborais e de Seguridade, Salubridade e Contra Incendios.
9.10 O Arrendatario está obrigado a asegurar e garantir a formación, capacitación e experiencia necesaria do persoal ou a quen se lle asigne a utilización ou manexo da Máquina.
O Arrendatario é responsable de que a utilización ou manipulación da Máquina quede reservada a persoas suficientemente capacitadas, formadas e con experiencia na súa utilización e mantemento, e que en ningún caso a usen ou manipulen baixo a influencia de bebidas alcohólicas e/ou sustancias estupefacientes.
9.11 O Arrendatario está obrigado a cumprir e facer cumprir coas disposicións de seguridade e saúde que correspondan conforme co establecido na Lei de Prevención para Riscos Laborais.
9.12 O Arrendatario é responsable do valor de reposición a novo da Máquina en caso de furto ou destrución.
9.13 En caso de accidente ou sinistro da Máquina, o Arrendatario obrígase a:
a) Tomar todas as medidas necesarias para protexer os intereses de eMonte ou da súa compañía se seguros, así como facilitarlles toda a información útil e axudar nas investigacións respecto ao sinistro declarado.
b) Informar a eMonte nun prazo de 24 horas dende que se teña coñecemento do accidente ou sinistro a fin de que aquel poda efectuar a declaración habitual á súa compañía de seguros. O Arrendatario será responsable das consecuencias que puidesen derivarse da demora ou da falta de declaración.
c) Realizar, se fose necesario, unha comparecencia ante a autoridade pertinente nun prazo de 24 horas dende que se teña coñecemento do mesmo, indicando as circunstancias, data, hora e lugar de accidente, así como a identificación da Máquina, en caso de roubo, furto ou deterioro por vandalismo.
d) Remitir a eMonte de forma inmediata todos os documentos que se houbesen formalizado ante as autoridades oportunas.
e) O Arrendatario está obrigado a autorizar e permitir o acceso ao lugar onde se localice a Máquina á persoa/s que designe eMonte para inspeccionar o estado de esta ou acometer as labores de mantemento (preventivo e correctivo) ou reparacións pertinentes.
9.14 O Arrendatario empresario ou profesional está obrigado a ter concertado un seguro que cubra todos os prexuízos económicos que puidesen derivarse na súa actividade pola Máquina e que fosen imputables ao Arrendatario.
10. Entrega e transporte da máquina
10.1 A Máquina será entregada nas instalacións de eMonte. Será de conta e responsabilidade do Arrendatario a carga da Máquina no medio de transporte que este facilite.
10.2 Se os medios de transporte son aportados polo Arrendatario, ben propios ou ben de terceiros, será responsabilidade do Arrendatario garantir o transporte adecuado e seguro da Máquina, debendo obter todos os permisos e autorizacións que fosen procedentes.
10.3 Se se acordase a entrega da Máquina nun lugar distinto ás instalacións de eMonte, o coste de transporte será asumido polo Arrendatario.
eMonte entregará a Máquina a pé de vehículo.
10.4 O Contrato cumpre, ademais, a función de albarán ou nota de entrega. En caso de desconformidade do Arrendatario co estado da Máquina, deberá indicalo no Contrato. Igualmente o Arrendatario terá dereito a rexeitar a entrega da Máquina.
11.- Mantemento e reparacións
11.1 Por conta do Arrendatario:
11.1.1 O Arrendatario é responsable do mantemento diario da Máquina, así como da súa permanente limpeza.
Diariamente, a súa costa e baixo a súa responsabilidade, o Arrendatario verificará as especificacións indicadas xunto ao cadro de mandos da Máquina, e revisará os niveis de aceite, auga, líquido de freos, etc. completándoos se fose necesario.
11.1.2 É responsabilidade do Arrendatario o control da presión e o estado dos pneumáticos. O Arrendatario é responsable de calquera pinchazo; así como das roturas de pneumáticos a el imputables.
11.1.3 É responsabilidade do Arrendatario o abastecemento do combustible á Máquina, así como todos os lubricantes, aceites, grasas, electrolitos, etc. necesarios para o correcto funcionamento da Máquina.
11.1.4 O Arrendatario é responsable das reparacións da Máquina necesarias por unha instalación, uso, mantemento, conservación ou custodia incorrecta ou neglixente por:
• Contravir as prescricións do fabricante; ou
• Contravir as normas de uso habitualmente aceptadas; ou
• Contravir as esixencias diarias de mantemento; ou
• Contravir as normas de funcionamento e seguridade contempladas na lexislación vixente; ou
• Contravir as recomendacións comunicadas por eMonte; ou
• Unha deficiente formación ou falta de capacitación e experiencia da persoa que opera a Máquina
11.2 Por conta de eMonte
11.2.1 eMonte realizará o mantemento preventivo e correctivo da Máquina recomendado polo seu fabricante.
11.2.2 eMonte está obrigada á substitución das pezas necesarias polo desgaste derivado do uso normal da Máquina, así como substituír os pneumáticos rotos por causas non imputables ao Arrendatario.
11.2.3 eMonte está obrigada a efectuar as reparacións da Máquina, sendo o coste do cargo do Arrendatario cando sexan imputables a el.
11.2.4 Se a reparación da Máquina non fose posible realizala nun período de prazo razonable, eMonte non se compromete a substituír a Máquina por outra.
11.2.5 Se eMonte non pode realizar a reparación da Máquina dentro dun prazo razonable, suspenderase o devengo da renta ata que se produza a súa reparación, salvo que a reparación sexa por causas imputables ao Arrendatario.
12. Instalación, montaxe e desmontaxe
12.1 A descarga, instalación, montaxe e desmontaxe da Máquina serán efectuados polo Arrendatario baixo a súa responsabilidade e ao seu cargo, mediante persoal coa capacitación, formación e experiencia necesaria.
13. Devolución da máquina
13.1 A devolución da Máquina realizarase nas instalación de eMonte en Arzúa ou no lugar onde se atope, a elección do Arrendatario, pero suxeito á dispoñibilidade de eMonte de medios para a súa recollida.
13.2 Se o Arrendatario opta pola devolución da Máquina nun lugar no que se atope, será ao seu cargo o coste de recollida e transporte da mesma.
13.3 A Máquina, a súa documentación e accesorios, teñen que devolverse nas mesmas condicións que cando foi entregado, e en perfecto estado de funcionamento e conservación, salvo o desgaste normal propio do seu uso adecuado, limpa e con todos os niveis de adecuados.
13.4 A devolución da Máquina documentarase nunha nota de devolución, que será firmada por ambas partes e na que se indicará o día e a hora da restitución, o estado da Máquina, as horas que indique o seu contador e as incidencias que procedan.
Ata que non se firme a referida nota de devolución, corresponden ao Arrendatario todas a súas obrigas de conservación e custodia da Máquina.
14.- Perdas de explotación
As perdas de explotación do Arrendatario, directas e/ou indirectas, por calquera causa, non serán asumidas por eMonte.
15.- Modificación
Calquera modificación ou novación das presentes cláusulas ou do contido do Contrato, requirirá a autorización expresa e por escrito dos contratantes sen que sirva a aceptación tácita.
16.- Política de protección de datos
E-MONTE SOLUCIÓNS FORESTAIS S.R.L. titular do dominio www.emonte.es, é tamén titular da base de datos de carácter persoal proporcionada polos Usuarios.
O acceso e a utilización de ditos datos por parte de www.eMonte.es realizarase segundo o disposto pola presente Política de privacidade de datos persoais, así como polas Condicións Xerais e Aviso Legal, que o Usuario acepta expresamente e se compromete a respectar.
A aceptación da política de privacidade, mediante o procedemento establecido a través de recadros de verificación, considerarase como declaración afirmativa a través da cal o Usuario presta o seu consentimento expreso e inequívoco (tal e como establecen os artigos 6 ao 9 do Regulamento Xeral de Protección de Datos – RGPD) ao tratamento dos datos de carácter persoal nos termos que se recollen no presente documento.
eMonte.es terá acceso e tratará os datos persoais dos usuarios rexistrados na web www.eMonte.es de conformidade co previsto na presente Política de privacidade de datos persoais. Os mesmos recolleranse a través do formulario de rexistro, formulario de publicación do lote ou envío de datos mediante correo electrónico. O Usuario comprométese a que os datos facilitados sexan correctos, exactos e actualizados, asumindo calquera responsabilidade que puidese xurdir en caso de proporcionar datos inexactos, incompletos ou equivocados en calquera formulario solicitado por eMonte.es. O Usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose E-MONTE SOLUCIÓNS FORESTAIS S.R.L. o dereito a excluír dos Servizos ofertados a todo Usuario que facilite datos falsos, sen prexuízo das demais accións que procedan en Dereito.
A efectos de ofrecer un mellor Servizo, eMonte.es pode enviar un email notificando calquera información relevante relacionada co Portal, así como polos distintos servizos ofrecidos pola empresa. Non obstante, poderá darse de baixa en calquera momento enviando un correo electrónico a info@emonte.es.
eMonte.es non cederá ou transmitirá a ningún terceiro os datos de carácter persoal, salvo no caso de que sexa necesario para o cumprimento dunha correcta prestación do servizo ou o cumprimento de obrigas legais ou requirimentos da autoridade competente. Os seus datos persoais poderán cederse á Administración no cumprimento de obrigas legais, a provedores de servizo de entidades de pago e a empresas que prestan servizos tecnolóxicos.
Algunhas páxinas da web de eMonte poden influír referencias ou vínculos a sitios web de terceiros. Estes sitios teñen as súas propias normas de protección de datos e eMonte.es non se fai responsable das súas operacións. Os usuarios que envíen información a ou mediante estes sitios web de terceiros deben revisar e aceptar a Política de privacidade de ditos sitios antes de facilitar calquera información de carácter persoal.
A información persoal obtida dos Usuarios rexistrados almacénase na base de datos propiedade de E-MONTE SOLUCIÓNS FORESTAIS S.R.L., que asume as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garanten a confidencial idade e integridade da información de acordo co establecido na normativa vixente de protección de datos.
Calquera Usuario rexistrado pode en calquera momento exercer o dereito a acceder e rectificar os seus datos de carácter persoal a través do seu perfil privado dentro da Plataforma. Se así o desexa, tamén poderá cancelar os datos de carácter persoal proporcionados a E-MONTE SOLUCIÓNS FORESTAIS S.R.L. mediante comunicación escrita dirixido a info@emonte.es.