Comproba a dispoñibilidade
O prezo inclúe:
– O Imposto do Valor Engadido (IVE)
– Recollida e entrega nas oficinas de eMonte sitas no Lugar de Seixas s/n, Arzúa (A Coruña).
– Alugueiro só dispoñible para usar en concellos situados na provincia de A Coruña.
– O prezo fíxase por un máximo de oito horas de traballo diarias. As horas que superen as 8 diarias, facturaranse proporcionalmente.
– Seguro de responsabilidade civil obrigatoria e voluntaria.
O prezo non inclúe:
– Uso do tractor en concellos situado fóra da provincia de A Coruña.
– O transporte da maquinaria con medios ou por conta de eMonte. Non obstante, se precisa o envío/recollida da máquina de alugueiro, indíquenolo ao facer o perdido para que o noso departamento comercial lle confeccione unha oferta co importe do envío e da recollida.
– Desperfetos ou danos na maquinaria que sexan imputables ao Arrendatario.
– Carburante. O tractor debe ser entregado co depósito cheo, do contrario cobrarase un suplemento.
– Sancións que puideran producirse para eMonte por un uso indebido da máquina e/ou por incumprimento da normativa aplicable.
– Calquera outro gasto que non deba ser asumido por eMonte.
– Fianza. O tractor e a maquinaria de limpeza teñen un valor elevado, para evitar un mal uso da mesma, na recollida do tractor é preciso depositar unha fianza de 1.200 Euros. Unha vez comprobada a máquina, devolverase a mesma por transferencia bancaria.